O BNG pide á Xunta manter un servizo sanitario coa dotación necesaria no Aeroporto de Lavacolla

Aeroporto-de-Santiago-de-Compostela
Aeroporto-de-Santiago-de-Compostela

A  través dunha pregunta parlamentaria, a deputada do BNG, Noa Presas instou á Xunta a reclamar a AENA manter un servizo sanitario público e dotado para a atención sanitaria no aeroporto de Lavacolla.

A nacionalista explicou que o Aeroporto de Santiago é unha infraestrutura de transporte de interese xeral e polo tanto de competencia estatal pero na súa actividade diaria  está relacionado directamente con moitos aspectos de competencia galega, unha delas, a sanidade.

A nacionalista afirmou que un aeroporto destas características  debe contar coa  prestación sanitaria necesaria e sobre todo en circuntancias de gran afluencia de viaxeiros e viaxeros como vai acontecer durante a celebración do Xacobeo.

Noa Presas afirmou que a estratexia privatizadora de AENA e os seus servizos trae consecuencias negativas para o desenvolvemento das actividades do aeroporto de Santiago de Compostela, tamén no ámbito da garantía da saúde e alertou que  “a  intención de AENA é limitar a asistencia médica aos aeroportos que moven 4 millóns de pasaxeiros”. Neste sentido, lembrou que  Galiza non chegou a esa cifra, nin vai chegar inmediatamente, pero está claro que ten unha tendencia de aumento e  a desatención deste servizo, afirmou a nacionalista “tería consecuencias negativas  para as persoas  usuarias  e traballadoras de Lavacolla”.

Para a deputada, a Xunta “debe implicarse e garantir servizo sanitario no aeroporto  como  servizo público  que cubra as 24 horas de apertura polo que volveu a preguntar que medidas vai tomar o goberno ante os recortes do  servizo sanitario do Aeroporto de Santiago de Compostela por parte do goberno central.

 A maiores, tamén se interesou por saber en cantas ocasións foi avisado o servizo do 061 para atender a persoas na terminal e zonas de chegadas durante os  anos 2014 e  2017. Porqué non foi convocada ningunha praza de ATS para Santiago de Compostela e si o goberno iniciou algún trámite co goberno central para demandar a cobertura do servizo sanitario en mellores condicións.

Finalmente, advertiu que o servizo sanitario  do Aeroporto de Lavacolla deb contar coa dotación necesaria para  estar  preparado ante o posible  aumento de viaxeiros e viaxeiras   por mor do Xacobeo.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG