O BNG pide que a Xunta se implique con Cambados tras ser nomeada "Cidade Europea do Viño 2017"

Montse Prado na Comisión de Pesca
Montse Prado
  • A deputada do BNG, Montse Prado rexistra diversas iniciativas instando á Xunta a establecer o marco de colaboración co concello para iniciar, sen dilación, as actividades acordes coa relevancia deste nomeamento  

A deputada do BNG, Montse Prado insta  á Xunta a establecer un marco de colaboración co concello de Cambados para realizar as actividades derivadas do nomeamento de “Cidade europea do viño 2017”,hai catro meses e dotalas de financiamento.

Para a parlamentaria do BNG a Xunta debe “mover ficha” e iniciar as xestións necesarias para dar contido ao nomeamento de Cambados como o lugar máis representativo do viño albariño durante o ano  2017, aproveitar a oportunidade “única” de dalo a coñecer internacionalmente   e acadar a proxección de Galiza a través dun produto de grande calidade e prestixio.

Montse Prado demanda da Xunta implicarse nas actividades e dotación económica na “Cidade Europea do Viño 2017” e no recoñecemento do viño albariño. A deputada lembra que Cambados competiu con cidades de grande tradición vitivinícola como Aranda de Duero, Villafranca do Penedés e La Palma del Condado, e que en  anteriores edicións as cidades elixidas foron as italianas Conegliano e Valdobbiadene, a portuguesa Reguengos de Monsaraz ou Jerez de la Frontera.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG