Parlamento Galego

O BNG pide retirar a obriga do informe médico para que as persoas con discapacidade podan casar

  • A deputada do BNG, Montse Prado reclama cambiar o artigo incluído na reforma do Código Civil que entrará en vigor o 30 de xuño de 2017 que esixe un ditame médico das persoas afectadas por deficiencias mentais, intelectuais ou sensorias para contraer matrimonio

A deputada do BNG, Montse Prado leva ao Parlamento unha proposición non de lei pola que reclama retirar a obriga do informe médico para que as persoas afectadas por discapicidade podan contraer matrimonio.

Na iniciativa, a parlamentaria explica que a partir do vindeiro 30 de xuño de 2017  entrará en vigor a reforma do Código Civil (aprobado o 15 de xullo do 2015) que modifica o artigo 56 para establecer que si algúns dos contraentes estivera afectado por deficiencias mentais, intelectuais ou sensorais , esixirase polo Secretario Xudicial, “ditame médico sobre a súa aptitude para prestar consentimento”.

Para a deputada esta modificación “aumenta a discriminación das persoas con discapacidade” que ata o de  de agora viñan sendo anomalías psíquicas para amplialo a deficiencias mentais, intelectuais ou sensorais e todas esas persoas “non poderán casar sen presentar o informe médico”.

A nacionalista agarda o apoio de todas as forzas con representación no Parlamento para instar á Xunta a dirixirse ao Goberno español  co fin de revogar a modificación do artigo 56 do Código Civil e facilitar ás persoas con discapacidade, que o precisen, os apoios  e non ser excluídas, por motivo da súa discapacidade, do dereito a contraer matrimonio, sendo obriga das autoridades e persoal que interveñen nestes procesos prover dos apoios precisos para a formación e emisión do seu consentimento.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG