O BNG pide recoñecer a propiedade comunal dos titulares de montes veciñais como figura propia da Galiza

Xosé Luís Rivas "Mini"
Xosé Luís Rivas "Mini"

Reclama que figure este recoñecemento na lexislación autonómica e estatal

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas defendeu hoxe, a través dunha proposición non de lei debatida na comisión de Agricultura e Montes,  recoñecer os montes veciñais en man común como unha titularidade veciñal comunitaria, como “ figura propia de Galiza” diferente e en pé de igualdade a respecto das titularidades públicas e privadas.

Ademais demandou trasladar este recoñecemento á “lexislación autonómica” para que figure de maneira legal a titularidade do monte veciñal en man común e reclamar do goberno do Estado que a súa vez a  traslade  á lexislación estatal.

O deputado do BNG explicou que os montes en man común son titularidade de carácter xermánico, “indivisibles e inembargables” e representan un sinal de identidade de Galiza pero debido a  súa orixe, natureza e funcionamento, “non son nin de titularidade pública nin privada”, son titularidades colectivas, veciñais e comunitarias. De maneira errónea en todas as lexislacións os montes veciñais en man común, engadiu,  aparecen adscritos aos montes de titularidade privada e isto é o “que queremos mudar” porque non poden ser considerados como “reliquias do pasado”.

Xosé luís Rivas, (Mini) lembrou que en Galiza existen ao redor de 3.000 comunidades de montes xestionadas democraticamente por máis de 250.000 veciños e veciñas comuneiros que ocupan un cuarto de territorio, unhas 700 mil hectáreas, realidade que debe ser regulada.

Tralo anunciou do grupo parlamentario do Partido popular de votar en contra da iniciativa nacionalista, Xosé Luís Rivas asegurou que este aspecto “está abandonado” en Galiza mentres en Portugal, dixo, este recoñecemento existe.

 

O parlamentario reiterou que a saída para o campo e o monte é “a xestión colectiva” nun n rural vivo pero o Partido popular  só  concibe a vida no rural para empresas. Para nós o importante é valorar a  “explotación familiar e  diseminación polo territorio” e podo asegúralles,  que este “modelo era e é  rendible”. Rivas mostrouse en contra da   “ intensificación e o mercado” ao que o Partido popular nos obriga e que a todas luces “non funciona”.

 

O deputado do BNG  lamentou que o Partido popular anunciara o voto en contra da proposta nacionalista porque  fronte a ese deus liberal que o PP esgrime como única solución, afirmou, hai outros modelos máis eficaces como a “explotación comunal

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG