O BNG pide que o Parlamento condene o ataque homofóbo no que participou a alcaldesa de Forcarei

Luís Bará
Luís Bará

O deputado do BNG, Luís Bará insta ao goberno galego a condenar con “firmeza” as vexacións e humillacións homófobas  a un  mozo de Forcarei nun acto no que participou a alcaldesa, Belén Cachafeiro

O BNG pide que o Parlamento condene o ataque homofóbo no que participou a alcaldesa de Forcarei

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará pide, a través de diversas iniciativas, que o Parlamento galego declare a súa enérxica condena contra as vexacións e humillacións homófobas sufridas por un mozo  no transcurso dunha cea na que participaba a alcaldesa, Belén Cachafeiro, acompañada da  súa secretaria particular e persoal municipal.

O parlamentario explica que na celebración do persoal municipal,  a secretaria particular de Cachafeiro chamou a un mozo que se encontraba traballando na organización da festa do Orgullo. O obxectivo do requirimento ao mozo formaba parte dun reto no que se xogaba unha cea se un traballador do concello conseguía darlle un bico na boca ao mozo. Estes feitos, asegura Bará, producíronse nun ambiente de “xoldra e  burla”, que rematou co devandito   traballador do concello  bicando ao mozo na boca. Posteriormente, o rapaz agredido denunciou o ataque homófobo do que foi obxecto.

Para o deputado do BNG, estes acontecementos supoñen un “acto   grave e vexatorio contra unha persoa pola súa condición sexual”, agravado pola presenza e consentimento da “máxima responsable do concello”, polo que o BNG insta  ao goberno galego a condenar con firmeza este ataque homófobo que contou coa participación directa da  rexedora  de Forcarei.  

 

Entrevista en Radio Estrada aos mozos atacados