PARLAMENTO EUROPEO

O BNG pide unha adaptación realista da directiva 92/29/CEE de disposicións mínimas de seguridade e saúde da frota de baixura

O BNG pide unha adaptación realista da directiva 92/29/CEE de disposicións mínimas de seguridade e saúde da frota de baixura
  • Ana Miranda leva ante a Comisión Europea a demanda deste sector da frota en relación ao tipo de barquíns que deben ter as embarcacións

A portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, presentou unha iniciativa ante a Comisión Europea recollendo a demanda da frota de baixura que pide unha adaptación realista da directiva 92/29/CEE de disposicións mínimas de seguridade e saúde para promover unha mellor asistencia médica a bordo dos buques.

Esta normativa comunitaria e a correspondente transposición estatal regula, entre outras cuestións, o contido e o control dos botiquíns que deben levar obrigatoriamente as embarcacións, e provoca que os barcos de pesca artesanal de baixura de Galiza se vexan obrigados a contar con botiquíns que non teñen en conta as súas características.

O BNG está totalmente a favor de mellorar a seguridade e as condicións de saúde nas embarcacións pesqueiras, pero considera que hai que ter en conta a realidade da frota e pide que desde a Comisión Europea se atendan as peticións da baixura galega, que demanda un barquín que se adapte a estes barcos que practican pesca artesanal e marisqueo dentro das doce millas.

A normativa impón un barquín de tipo C no que hai que introducir 15 principios activos e 24 instrumentos cirúrxicos sen contar con espazo nas embarcación, como sinala tanto a frota como o propio Instituto Social da Mariña. Por iso, a portavoz en Bruxelas pregunta ao executivo europeo se vai realizar os cambios necesarios para facer compatible incrementar a seguridade coa características reais das embarcacións.