O BNG pedirá no Parlamento manter o servizo público de venda de billetes de tren na Rúa e no Barco

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas advirte de que a privatización do servizo está inxustificada e é o primeiro paso para acabar suprimíndoo. Recorda que o ferroviario é un servizo público e debe estar garantida a atención

O BNG pedirá no Parlamento manter o servizo público de venda de billetes de tren na Rúa e no Barco

O BNG vén de coñecer a denuncia do sindicato CGT sobre a licitación do servizo de venda presencial de billetes na Rúa-Petín e no Barco de Valdeorras e anuncia iniciativas parlamentares para demandar que se manteña o servizo como exclusivamente público de cara a conservar. 

Noa Presas, deputada nacionalista por Ourense, recordou como “primeiro en febreiro do ano pasado vimos como anunciaban que se eliminaba o servizo de información e atención ao público e a venda presencial de billetes en estacións como O Barco de Valdeorras ou A Rúa e agora vemos como hai unha nova ofensiva privatizando o servizo sen xustificación”.

A deputada declarou que “vimos de coñecer que Adif vén de sacar a licitación do servizo de venda presencial de billetes na Rúa-Petín e no Barco de Valdeorras e desde o BNG entendemos que este é un novo agravio en materia de servizos ferroviarios cara as e os ourensás, a privatización da venda de billetes suporá un chanzo máis na política de recortes e redución de servizos, perdéndose o seu carácter público e sen garantías canto ao mantemento de postos de traballo atención de calidade para as persoas usuarias e non o imos permitir”.

Presas insistiu en que “o ano pasado Ourense, que era a principal afectada pola ameaza de peches de servizo nas estacións deu unha lección de dignidade con mobilizacións a pé de rúa e conseguiu que se mantivera o servizo, agora debemos facer o propio para impedir esta privatización e presentaremos iniciativas para evitalo xa que non ten xustificación algunha e cómpre conservar o servizo como público”.