O BNG pedirá que comparezan os exdirectivos e responsábeis das caixas na comisión de investigación

Memoria Histórica
  • Luís Bará reclama que a Comisión de investigación das caixas pida novas comparecencias non caso de non quedar satisfeita
  • O deputado nacionalista, Luís Bará avogou por un prazo de entre seis e nove meses para esclarecer a “venda a perda” das caixas galegas e a estafa de produtos financeiros como as preferentes

Na comisión de apertura da Comisión de investigación das Caixas, o parlamentario do BNG, Luís Bará avogou por un prazo , dentro do actual período de sesións, de entre 6 e 9 meses ademais de conferir á comisión o dereito de solicitar que os comparecentes volvan á comisión novamente, “se está non queda satisfeita das respostas na primeira comparecencia”.

Pola súa parte, o portavoz popular, Pedro Puy discrepou dos prazos apuntados pola oposición asegurando que a comisión debe rematar ao concluír os traballos, co fin de non incorrer en ilegalidade.

O parlamentario do BNG lamentou os votos en contra do grupo popular ás cinco emendas nacionalistas que incidían nunha investigación “profunda” do impacto da comercialización de preferentes, indemnizacións millonarias aos directivos así como as responsabilidades na crise das caixas galegas.

O deputado propuxo mellorar o texto sobre ás comparecencias para que as preguntas formuladas polos parlamentarios obteñan “unha resposta individualizada” e reiterou que debe ser respectada a facultade da comisión para volver a chamar a un comparecente, no caso de “non ter respondido de maneira satisfactoria”.

Na súa intervención, Bará tamén salientou que a comisión de Investigación debe abordar as “responsabilidades dos directivos” así como a comercialización “fraudulenta” das preferentes e obrigacións subordinadas, ademais do proceso que levou á venda “a perdas” de Novacaixagalicia.

Tras votar as emendas ao proxecto de Normas de funcionamento, o trámite da comisión continúa suxeito ao prazo, que rematará o vindeiro día 18, no que os grupos parlamentares formularán suxestións á elaboración do Plan de traballo de investigación. O BNG xa anunciou que pedirá a comparecencia dos exdirectivos das caixas e dos responsables da posterior venda.


 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG