O BNG pedirá á Comisión Europea abrir un novo expediente de infracción ao Estado polo accidente do Alvia

ANAMIRANDA E PORTAVOCES VITIMA ALVIA REUNION DIRECCIÓN AXENCIA FERROVIARA EUROPEA
Reunión coa Axencia Ferroviaria Europea
  • Ana Miranda e os portavoces das vítimas mantiveron hoxe un encontro cos máximos responsables da dirección da Axencia Ferroviaria Europea, dispostos a acudir ante o xuíz se reciben un requirimento

Despois da comparecencia ante a Comisión de Peticións da Eurocámara, os portavoces da Plataforma de vítimas do accidente de Angrois mantiveron hoxe un novo encontro auspiciado pola portavoz do BNG en Bruxelas, -o terceiro-, cos máximos responsables da Axencia Ferroviaria Europa (ERA), encontro no que tamén participou a propia portavoz nacionalista no Parlamento Europeo, Ana Miranda.

Miranda cualificou de moi positiva a reunión con Josef Doppelbauer, director da Axencia Ferroviaria Europea, e Christopher Carr, responsable de seguridade ferroviaria dentro da ERA, que mostraron “a súa dispoñibilidade para asistir ante os tribunais se así o solicita o xuíz facendo un chamamento expreso aos responsables da Axencia Ferroviaria Europea”, explicou. Desde o BNG valorase como moi importante esa comparecencia xudicial.

No ámbito político, a portavoz na Eurocámara anuncia que o BNG vai dirixirse á Comisión Europea para que “atenda o mandato dado onte pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo instando a unha nova investigación da traxedia de Angrois”.

Miranda anunciou “un paso máis alá” por parte do Bloque que vai pedir “abrir un novo procedemento de infracción sobre as causas do accidente” desde a Comisión Europa contra o Estado español, máis alo da composición da Comisión Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) que, segundo o executivo comunitario, no caso do accidente do Alvia incumpría a lexislación da UE. O demoledor informe emitido pola ERA avala a necesidade dese novo expediente, indicou.

A dirección da ERA accedeu a manter un novo encontro co BNG e cos representantes das vítimas ao longo do próximo semestre, para analizar a situación e as accións emprendidas polo Estado español despois do mandato explicito do Parlamento Europeo de volver investigar as causas que levaron ao tráxico accidente doe Angrois.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG