O BNG participa nunha Diada 2017 histórica e critica a posición inmobilista e retrógrada do Goberno central

Ana Pontón e Oriol Junqueras (ERC)
Ana Pontón e Oriol Junqueras (ERC)

Ana Pontón afirma en Barcelona que o pobo catalán quere escribir con letras de liberdade o seu futuro e recrimina  as posicións “retrogradas” do Goberno español queren impedir que as persoas voten en liberdade

O BNG participa nunha Diada 2017 histórica e critica a posición inmobilista e retrógrada do Goberno central

Minutos antes de comezar a manifestación da DIADA de Catalunya 2017 en Barcelona, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirma estar ante  unha  “DIADA histórica” na que “o pobo catalán  quere escribir con letras de liberdade o seu futuro”.

WhatsApp Image 2017-09-11 at 16.27.14A portavoz do BNG  criticou as posicións “inmobilistas  e retrogradas do Estado español” que está a boicotear que a xente poida decidir o seu voto . Para o BNG, recalcou Pontón, a actitude do Estado español “non é admisible nin permisible”.

Dende o BNG, engadiu, temos moi claro o dereito dos pobos a decidir o seu futuro e que o presente e o futuro deben escribirse con “D de democracia e L de liberdade”.

WhatsApp Image 2017-09-11 at 13.36.13