O BNG participa no Curdistán na observación internacional do referendum constitucional de Turquia

C8_rJspXoAArpRK

A Coordinadora de Relacións Internacionais e Portavoz do BNG en Europa Ana Miranda desprázase este venres ao Curdistán para integrar a misión de observación internacional que vai acompañar ao Partido Democrático do Pobo (HDP) con motivo da convocatoria do referendum constitucional en Turquia. A nacionalista integra a delegación da Alianza Libre Europea (ALE) que vai estar xunto con outras delegacións no Curdistán. O día 15 manterá unha intensa xornada de reunións coa sociedade civil e con prensa na cidade curda de Diyarbakir e na xornada eleitoral do domingo 16,  desprazarase á zona de Cizre, unha das áreas máis reprimidas nos últimos meses pola violencia do Estado turco. 

O referendum para a reforma consitucional que impulsa o dictador Erdogan e que é apoiado polo  celébrase baixo estado de excepción e dun recorte brutal das liberdades e dereitos e suporía o maior cambio na historia recente de Turquia modificando as bases da República laica fundada en 1923. Erdogan aproveitou o fallido golpe de estado de xulio para lanzar a ofensiva da reforma constitucional que daria poderes executivos ilimitados ao Presidente, sen límites para gobernar, eliminando a figura do Primeiro Ministro e podendo gobernar via decreto e convocar estado de excepción, con capacidade para escoller un tercio do máximo órgano xudicial e suspender o Parlamento de xeito unilateral.

C9M8RhUXkAEJ0zyDespois do golpe de estado de xulio de 2016, Erdogan abusou do estado de emerxencia para reprimir á poboación, con masivas violacións de dereitos, como o dereito á educación e ao traballo co peche de 1000 escolas e 15 Universidades; o despedimento de case 5000 ensinantes, moitos sindicalistas do ensino;  levando á pobreza  sen compensación polo despedimento a 134.000 funcionarios públicos contrarios a súa administración represora; pechando moitos medios de comunicación e metendo na cadea a máis de 200 xornalistas e case 10.000 despedidos do seu emprego. A represión contra o  Pobo Curdo, xa moi dura dende que goberna Erdogan, intensificouse en 2015 con ataques ás zonas autónomas curdas, con toques de queda sistemáticos, asasinatos, destrucción de servizos públicos nas provincias máis alonxadas, anulación da autonomía local curda con decretos centralizadores e encadeamento de dirixentes turcos. Nos últimos meses, a persecución contra os dirixentes do HDP, partido turco procurdo na oposición que representa o 13% dos votos, foi durísima, metendo na cadea ao Copresidente Demirtas, retirando a inmunidade a deputadas e deputadas e encadeando a unha boa parte da dirixencia do HDP. 

O BNG asiste ao Curdistán para transmitir solidaridade internacional ao HDP e ao Pobo Curdo na defensa do seu dereito á autodeterminación e a súa liberdade a vivir en Paz e Liberdade e sen opresión dunha dictadura que pretende incrementar seus poderes. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG