O BNG parabeniza ás traballadoras e traballadores do 112 polo éxito acado tras 83 días de folga

Traballador@s do 112 e BNG da Estrada
Traballador@s do 112 e BNG da Estrada
O BNG parabeniza ás traballadoras e traballadores do 112 polo éxito acado tras 83 días de folga

CORREO ELECTRÓNICO ENVIADO AO COMITÉ DE EMPRESA DO 112.

Desde a Executiva Nacional do BNG queremos facervos chegar os nosos parabéns e recoñecemento polo exemplo de loita e de unidade que vides de dar, con resultado feliz e satisfactorio.

A ​vosa ​ unidade​ de acción e​ ​as vosas ​ convicción​s firmes​ durante ​os longos ​ 83 días​ de folga​ e de mobilizacións diante da empresa e ​da Xunta de Galiza fixo​ finalmente​ posíbel ​esta vitoria ​​de verdes recoñecidas todas as​ vosas xustas ​demandas laborais. 

​Como sabedes, no BNG estivemos e sentímonos ao voso lado durante todo este tempo; defendemos, coma vós, ​un servizo 100% público e de calidade​; e vivimos este momento de alegría como a constatación de que cando as e os traballadores loitamos xuntos, gañamos. ​

Recibide a nosa máis fonda aperta, fostes e sodes un exemplo de compromiso e de confianza no que é xusto. Seguimos con vós.