O BNG leva ao Parlamento a denuncia da actriz Iria Pinheiro por acoso na CRTVG

Iria Pinheiro. Foto AAAG.gal
Iria Pinheiro. Foto AAAG.gal

Olalla Rodil reclama poñer en marcha un protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual na CRTVG

O BNG leva ao Parlamento a denuncia da actriz Iria Pinheiro por acoso na CRTVG

Despois da comparecencia do director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo para informar sobre o presunto acoso a  actriz Iría Pinheiro por parte do director dun programa, a parlamentaria nacionalista, Olalla Rodil manifestou a solidariedade do BNG coa afectada e preguntou se  os feitos están sendo investigados.

A parlamentaria  reclamou “desenvolver un  protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual ou por razón de sexo”.

Na súa intervención, Rodil aplaudiu a valentía da actriz por ter denunciado e rachar co silencio da violencia machista e o acoso sexual e apelou  á propia Lei de Igualdade para volver a reclamar a posta en marcha dun protocolo contra o acoso.

Por outra parte a nacionalista tamén  preguntou, se ao longo destes anos a CRTVG ten coñecemento de feitos semellantes. 

“Decisións como a que tomou Iria Pinheiro son actos valentes de denuncia, que teñen un elevadísimo custe persoal e profesional para quen os dá, pero que nos fan avanzar colectivamente” contra as agresións,  remarcou.

Para erradicar a violencia machista hai que enfrontarse a ela, e partindo sempre da “presunción de inocencia”, o acontecido coa actriz Iría Pinheiro debe ser motivo suficiente para denunciar  unha conduta con “observacións suxerentes, bromas ou comentarios sobre a aparencia ou condición sexual dunha traballadora, o contacto físico deliberado e non solicitado, ou o acercamento físico excesivo ou innecesario. Invitacións impúdicas ou comprometedoras e , ou a petición de favores sexuais. “Condutas que, en definitiva, non son recíprocas nin foron libremente expresadas porque non son desexadas pola persoa que é obxecto delas”, apostilou.

Vostedes decidiron afastar cautelarmente á persoa denunciada de “calquera produción relacionada coa CRTVG mentres non se esclarecen os feitos” e cremos que esta  decisión é  correcta por parte  CRTVG  pero non suficiente.

A parlamentaria explicou que na actualidade  só dous medios públicos  contan con protocolos de prevención e actuación fronte ao acoso: Canal Estremadura e a EiTB, neste último caso inserido no marco do Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes que aproba a entidade cada 3 anos. Polo contrario, despois de revisar a web da Corporación da RTVG non  atopamos ningún protocolo sobre este aspecto. Non estamos a reclamar  nada estraño xa que é, afirmou, “unha ferramenta prevista na Lei de Igualdade de 2004”.

A Corporación, engadiu a nacionalista,  non pode considerar o acontecido, nin futuros casos que se poidan dar, como algo alleo á súa responsabilidade social polo feito de se producir en terceiras empresas. Toda vez que o groso da programación da TVG é produción mixta ou externa.

“A Corporación debe garantir  respecto aos dereitos laborais e  entorno  de traballo libre de calquera forma de violencia en todos os espazos de traballo, concluíu Rodil. Pola súa parte, Sánchez Izquierdo  anunciou que a corporación.

n está a traballar nun borrador de protocolo   de prevención e actuación fronte ao acoso sexual na CRTVG que con toda probabilidade terá a súa aplicación no prazo dun mes.