O BNG leva ao parlamento o colapso das liñas do 112 provocado polos fortes ventos do 19 de abril

XLRIVAS COMISION INFRAESTRUTURAS1
  • O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas critica a improvisación  do  traslado precipitado de sede ao concello da Estrada do servizo  112 e a estrea dun programa informático insuficientemente testado

O deputado do BNG, Xosé Rivas rexistra diversas iniciativas sobre as consecuencias dos fortes ventos rexistrados o día 19 de abril provocando lumes forestais en Mañón, San Sadurniño e A Capela así como un gran número de caídas de árbores por toda a comarca, contedores, uralitas e  mesmo o tellado do CEIP de Valdoviño.

Os diversos desperfectos provocaron ademais a interrupción da vía férrea en Narón sen embargo, os concellos non recibiron ningún tipo de aviso de alerta, a pesar dos medios de predición meteorolóxica cos que contamos.

Para o deputado, o máis grave ten a ver co “colapso das liñas do servizo de Emerxencias 112”  e como consecuencia a “indefensión da cidadanía” ante a o que cualifica de “improvisación no traslado da sede a Estrada e as deficiencias no novo programa informático”.

O parlamentario do BNG pedirá explicacións ao goberno ante o caos producido no servizo do 112 por mor das incidencias rexistradas  en zonas urbanas, trens e embarcacións coincidindo co “precipitado” traslado do servizo de emerxencias ao concello da Estrada. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG