O BNG lamenta que o PP non apoie ao concello de cospeito para recuperar a torre de Caldaloba

Torre Caldaloba (Foto: Galipedia)
Torre Caldaloba (Foto: Galipedia)
O BNG lamenta que o PP non apoie ao concello de cospeito para recuperar a torre de Caldaloba

A deputada do BNG, Olalla Rodil defendeu hoxe na comisión de Cultura emprender  as medidas necesarias para garantir a conservación da Torre de Caldaloba en Cospeito. A parlamentaria lamentou que o Partido popular impedirá que prosperara a iniciativa nacionalista para recuperar e divulgar a historia dunha torre que  formou parte do conxunto da fortaleza destruída durante as Revoltas Irmandiñas e que constituíu o último foto de resistencia da nobreza galega, fronte á política colonial e centralista de Castela na época dos Reis Católicos.

A parlamentaria do BNG destacou “o importantísimo valor patrimonial, simbólico e histórico da torre” e avanzou que a pesar do rexeitamento do Partido popular a súa recuperación, o BNG seguirá presentando iniciativas en diversos foros para recuperar esta  estrutura do patrimonio galego.

 Rodil explicou que o  Concello contactou coa propietaria da torre para procurar a súa cesión e mesmo comprometeuse   a limpar a maleza e mellorar a sinaléctica na zona pero,  “o deterioro” da torre, insistiu, exixe a adopción de medidas urxentes desde a Dirección Xeral de Patrimonio para impedir a súa continua degradación, medidas que o PP rexeitou apoiar hoxe. 

“Desde o BNG lamentamos que o Partido Popular lle dese as costas ao Concello e a veciñanza de Cospeito mais tamén á propia torre tendo en conta que se trata dun ben declarado de Interese Cultural en 1994”.

A nacionalista lembrou  que o BNG xa rexistrou  unha iniciativa no mes de xuño na que se incluían Caldaloba e outros exemplos de bens patrimoniais de propiedade privada en estado de abandono sobre os que urxían a intervención do Goberno galego para a súa recuperación. Naquela ocasión, remarcou, “o Partido Popular tamén tumbou a nosa proposta”, concluíu.