O BNG impulsa na Deputación da Coruña un histórico "Plan Único" para os concellos

Xosé Regueira, deputado provincial do BNG
Xosé Regueira, deputado provincial do BNG

Con este plan o BNG aposta pola xestión transparente, reparto obxectivo dos fondos e dotar de maior autonomía aos concellos

O BNG impulsa na Deputación da Coruña un histórico "Plan Único" para os concellos

O pleno da Deputación da Coruña aprobou os investimentos do Plan Único de Concellos que supón un cambio na xestión da institución que aposta con claridade por un reparto obxectivo e transparente dos fondos. O grupo do BNG no goberno facilita así a transferencia de 74 millóns de euros á xestión municipal aumentando a autonomía e o poder de decisión dos concellos co plan mellor dotado da historia da Deputación.

O deputado de Cooperación, Plans Provinciais, Asistencia a Municipios, Turismo e Patrimonio Histórico Artístico, o nacionalista Xosé Regueira, defendeu no pleno o Plan Único de Concellos que suporá o inicio de 353 actuacións públicas nos concellos.

"Trátase da aprobación do plan de maior orzamento dos aprobados, dotado con 74 millóns de euros que supón un novo modelo de xestión dos fondos provinciais", explicou Xosé Regueira dun plan que outorga unha maior autonomía aos concellos que son os que deciden o destino dos fondos provinciais.

Do orzamento global, 36.068.439,49 destinaranse a obras e subministracións, 21.675.284,65 a gastos correntes, 97.188,92 a honorarios de realización de proxectos, 812.247, 38 a achegas municipais a outros plans, 3.085.899 ao pago a provedores e 5.461.214, 68 a redución de débeda dos concellos con entidades financeiras.

"O resultado deste reparto dos fondos vai incrementar a carga de traballo e, ademais do investimento directo en obra pública, o pago da débeda dos concellos suporá aliviar as contas para novas actuacións municipais", destacou o deputado responsable de Plans Provinciais.

O Plan Único de Concellos responde ao impulso do grupo do BNG de reducir o intervencionismo da Deputación de dotar de maior autonomía aos concellos que teñen coñecemento previo dos orzamentos e autonomía plena para decidiren o seu destino. Desaparece tamén, coa aplicación do plan a discrecionalidade das subvencións nominativas, práctica habitual do anterior goberno do PP e que queda agora reducido a situacións de excepcionalidade.

O responsable da área de plans destacou que o modelo está a ser moi ben recibido polos gobernos municipais, que reclaman mecanismos semellantes á hora de distribuír os fondos. "Seguindo a liña definida polo goberno, estamos a conseguir unha distribución dos orzamentos transparente e con criterios obxectivos a través de plans, coa eliminación de convenios nominativos que quedan reducidos a cuestións moi extraordinarias. Defendemos, e este plan é o máis claro exemplo, a autonomía política das administracións locais, elixidas democraticamente e as máis achegadas á veciñanza", explicou Xosé Regueira.

O deputado anunciou que os 74 millóns do Plan Único de Concellos van ser suplementados proximamente coa incorporación de novos remanentes cunha previsión de investimento de 20 millóns máis a través dun plan complementario. Destacou que o POS+ suporá 353 actuacións públicas ás que se incrementarán as novas licitacións dos concellos ao satisfacer a débeda con provedores e entidades financeiras. Regueira anunciou tamén a intención de que o próximo ano a aprobación se adiante ao mes de abril e lamentou o raraso pola complexa tramitación deste primeiro Plan Único de Concellos.

O POS+2017 integra o anterior POS, PAI e PAS e incorpora once liñas de subvención nun plan único cun reparto obxectivo e transparente que permitirá aos concellos máis autonomía e poder de decisión sobre o destino dos fondo