BNG e Esquerra Republicana abordan a actualidade política nun encontro en Barcelona

Encontro BNG e Esquerra
Encontro BNG e Esquerra

Trala reunión, a delegación galega, encabezada pola portavoz nacional, Ana Pontón depositou flores na Rambla en memoria das vítimas dos atentados de Barcelona e Cambrils

Unha delegación galega encabezada pola portavoz nacional e do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón, a coordinadora de relacións internacionais e portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda e o responsable de relacións coa Península, Rubén Cela, mativo hoxe un encontro coa  secretaria xeral  de Esquerra Republicana, Marta Rovira e o  vicesecretario de Acción Política, Eduard López.

Ana Pontón e Marta RoviraO encontro entre BNG e Esquerra Republicana celebrado hoxe na sede nacional de Esquerra Republicana en Barcelona enmarcase dentro dos contacto periódicos do Bloque Nacionalista galego con diferentes forzas políticas ao fin de analizar  a actualidade política e reforzar relacións.

 Na reunión, os representantes do BNG amosaron o seu interese polo dereito a decidir do pobo catalán e o escenario político que se abrirá despois da celebración do Referéndum previsto para o vindeiro 1 de outubro.

A secretaria xeral de Esquerra Republicana, Marta Rovira trasladou ao  BNG que o Referéndum conta con todas as garantías democráticas e a “máxima seguridade xurídica” para celebrar o proceso. Pola súa parte, a   portavoz nacionalista, Ana Pontón    reiterou o compromiso do BNG  co  dereito dos pobos a decidir o seu futuro e o  apoio ao proceso independentista que se está a levar a cabo en Catalunya.

Homenaxe ás vítimas do atentado de BarcelonaOFRENDA FLORAL DO BNG PARA LEMBRAR ÁS VÍTIMAS DO TERRORISMO EN CATALUNYA

Rematado o encontro a medio día,  a delegación do BNG trasladouse  a Rambla para depositar un ramo de flores en memoria das vítimas dos atentados de Barcelona e Cambrils.

A axenda da delegación do BNG na cidade de Barcelona continuará pola tarde cun acto que dará comezo  ás 19hs  na Carrer del Paradís, 4, Praza de Sant Jaume,  no que intervirán como poñentes:   María Xesús Lama, lectora de galego da Universitat de Barcelona, Gabriel Beceiro, Fundador do Ateneu, Aquén Nós de Girona e Anxo Baranga, activista cultural e pintor.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón será a encargada de clausurar este acto sobre á emigración galega  en Catalunya.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG