O BNG esixe derrogar os concertos con centros educativos privados que segregan por razón de sexo

Olalla Rodil
  • A deputada do BNG, Olalla Rodil tamén criticou os premios concedidos polo concello de Vigo a dous centros educativos “segregacionistas”,  na categoría de vigueses distinguidos e reclamou a retirada do recoñecemento

Trala comparecencia da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella en comisión parlamentaria, a deputada do BNG, Olalla Rodil manifestou, ante os medios de comunicación, que  unha das preguntas nas que o BNG  insistiu era coñecer   a posición  do seu departamento ante a orde de concertos con  centros educativos. Parécenos “inadmisible”,a firmou,  que se retiren os criterios de igualdade na actual orde que figuraban na anterior convocatoria.

 Para a deputada, a Xunta, “non pode gabarse do primeiro plan  en igualdade en Educación” e  despois “suprimir   os criterios de igualdade e aumentar  as unidades  “de centros segregacionistas” e   aumentar de catro a seis anos os fondos públicos.

Neste sentido, aludiu á proposición non de lei rexistrada polo BNG que debido aos “tempos paquidérmicos desta Cámara”, ironizou,  non poderemos debater ata a vindeira sesión plenaria na que solicitaremos “derrogar esta orde” así como a eliminación dos fondos públicos do ensino privado concertado e, ademais,  tamén reclamaremos que se  busque un plan de “realoxo” na escola pública para este  alumnado. En Galiza, recalcou a nacionalista,  temos capacidade para manter un ensino público de calidade e o que non ten sentido, dixo, é “financiar con cartos públicos centros segregacionistas”  que atentan contra principios de igualdade.

Rodil cualificou de “lamentable” que a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, eludira, “ata en dúas ocasións” responder sobre as preguntas formuladas polo BNG.

Por outra parte, a parlamentaria cualificou de “colmo do absurdo” que o concello de Vigo distinga cun premio a dous centros que segregan ao alumnado por razón de sexo polo que reclamou a retirada da devandita  distinción  aos centros que segregan a mulleres e homes e que atentan contra un principio fundamental do ser humano que é vivir en convivencia e o dereito a educación, “con independencia do sexo que teñamos”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG