O BNG denuncia ante a Fiscalía á Fundación Franco por fomentar o discurso do odio

Ester Vázquez (representante legal do BNG) e Bieito Lobeira
Ester Vázquez (representante legal do BNG) e Bieito Lobeira

Es una excelente oportunidad para mostrar al gran público la grandeza de la figura de Francisco Franco”, “Franco no fusilaba por capricho”, “Fueron represaliados por algo”, declaracións realizadas polo portavoz da Fundación francisco Franco, Jaime Alonso García para enaltecer a figura do Ditador

O BNG denuncia ante a Fiscalía á Fundación Franco por fomentar o discurso do odio

O BNG presentou hoxe ante Fiscalía a denuncia contra a  Fundación Francisco Franco e as declaracións do seu portavoz, Jaime Alonso García en diversos medios comunicación e redes sociais  sobre  a sublevación militar do ano  36, o franquismo, as vítimas da guerra e o réxime ditatorial así como declaracións relativas ao Pazo de Meirás e nas visitas guiadas que a FNFF xestiona do Pazo e que poderían  ser constitutivas dun  delito tipificado no artigo  510 y 510 bis do código penal por fomentar o discurso do odio.

 A denuncia, tamén recolle parte do comunicado publicado na  páxina web página da Fundación relativo ao Pazo de Meirás  no que afirma: “El Pazo es hoy unos de los lugares emblemáticos de Galicia, conocido en todo el mundo, y sobre él recae parte de la gloria de quien lo habitó, probablemente el español de mayor relieve mundial desde Felipe II. La FNFF ha recibido como un honor la decisión de que gestionemos las visitas al Pazo de Meirás. Es una excelente oportunidad para mostrar al gran público la grandeza de la figura de Francisco Franco…