O BNG demanda abrir as camas pechadas no Hospital Abente e Lago pese ao colapso diario nas urxencias

Montse Prado
Montse Prado
O BNG demanda abrir as camas pechadas no Hospital Abente e Lago pese ao colapso diario nas urxencias

A portavoz de Sanidade, Monte Prado, demanda do Sergas a apertura inmediata das 25 camas que permanecen pechadas no Hospital Abente e Lago pese ao colapso do servizo de urxencias que mantén case a diario a persoas doentes esperando nos corredores do centro para ser atendidos.

“Persiste a situación recorrente de colapso do servizo de urxencias cunha media de 20 doentes cada maña agardando para poder ser ingresados e mentres isto pasa manteñen camas pechadas”, denunciou Prado na Comisión de Sanidade.

A deputada nacionalista tamén fixo fincapé na necesidade de aplicar un plan de mellora da atención primaria, porta de entrada para a atención hospitalaria, cuxas carencias están detrás das esperas no servizo de urxencia dos centros hospitalarios, “aos que acoden as persoas cando non son atendidos nos centros de saúde”, indicou Prado.

Por iso,  a deputada nacionalista reclamou un “plan de mellora de atención primaria para acabar coas listas de agarda e garantir unha asistencia de calidade que evite os colapsos nas urxencias hospitalarias que se traducen en doentes nos corredores e recibindo unha peor atención sanitaria”, concluíu.