O BNG consegue abrir a porta para que @s emigrantes retornad@s vexan recoñecida a invalidez nas súas pensións

Manifestación emigrantes  retornad@s(1)
Manifestación emigrantes retornad@s
  • A nacionalista Noa Presas lamentou que o Partido popular non apoiara o resto dos puntos da iniciativa destinados a resolver a a total regularización legal da tributación das pensión deste colectivo

A parlamentaria do BNG, Noa Presas defendeu hoxe en pleno “regularizar” a tributación das pensións de persoas emigrantes galegas retornados. A proposta que tamén incluía demandar do Goberno do Estado a regularización legal da tributación, crear un marco homoxéneo contemplando as exencións no IRPF, que non superan determinados limiares de rendas, e evitar  a retroactividade polas tributacións xa realizadas en exercicios anteriores acadou só o  apoio da cámara no punto relativo a “demandar do Goberno español que nas negociacións de dobre imposición  dos convenios introduza unha cláusula que permita o recoñecemento dos certificados de invalidez de calquera dos Estados contratantes aos efectos das obrigas tributarias que podan ter as súas pensións no país de residencia, do ou da pensionista”

A nacionalista lamentou que o partido maioritario do PP non accedera a crear  un “novo marco regulatorio” que na súa opinión, solucionaría o problema , porque todo depende, dixo,   dunha decisión política e non dun informe técnico como apuntara previamente  o portavoz do Partido popular. A deputada lembrou que a modificación do ano 2014 orixinou moitas disfuncións e por iso, “é necesario reconducir a situación”.  Por outra parte, lembrou que as sentenzas xudiciais están a dar a razón aos diferentes colectivos de emigrantes en diversos estados como no caso de Alemaña e se a Axencia tributaria, no caso alemán,  equipara unha pensión pública derivada tanto dun traballo público dun traballo privado, porque “non se habilita isto de oficio”. A parlamentaria respondeu que a medida non se implanta porque en todo o Estado hai 200.000 afectados e afectadas e se produciría “unha minoración de ingresos por esta vía”.

A deputada reiterou que a situación dos emigrantes galegos retornados segue sendo unha cuestión de “xustiza” e o Estado non pode recadar nunha pensión que “non paga nin se cotizou no Estado español”.

Coincidindo co debate da iniciativa do BNG na Cámara galega un gran número de afectados e afectadas polas pensións de retornados percorreu as rúas de Compostela para concentrarse nas inmediacións do Parlamento galego onde a portavoz do BNG, Ana Pontón e a deputada, Noa Presas sumáronse as súas reivindicacións.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG