BNG e CIG reforzan a colaboración na defensa dos dereitos das persoas traballadoras

Reunión das direccións de BNG e CIG
Reunión das direccións de BNG e CIG
BNG e CIG reforzan a colaboración na defensa dos dereitos das persoas traballadoras
  • A portavoz do grupo parlamentario, Ana Pontón anunciou que o BNG  reclamará, nesta lexislatura, unha Comisión de estudo sobre o sistema de pensións e denunciou a intención do Partido popular de entregar a fondos privados o que denominou “unha conquista social dos traballadores e traballadoras”

O grupo parlamentaria do BNG e a Executiva da CIG mantiveron hoxe unha xuntanza para establecer novos canles de interlocución na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras e abordar a situación do actual sistema de pensións

O BNG reclama unha Comisión de Estudo do sistema de pensións

A portavoz do BNG, Ana Pontón anunciou que  ante a realidade do sistema de pensións no conxunto do Estado español e o seu efecto en Galiza así como a posición do Partido popular e sectores económicos que cuestionan a súa viabilidade  e buscan “entregar aos fondos de pensións privados o sistema de protección pública”, o BNG reclamará, nesta lexislatura, “unha comisión de estudo das pensións en Galiza”  co fin de poñer sobre a mesa un diagnóstico da realidade e propostas de futuro. Neste sentido, apuntou que a rendas do capital deben gravarse con maior medida para garantir  pensións  dignas para os galegos e galegas, “de hoxe e tamén do futuro”.

A Comisión de estudo das pensión en Galiza, dixo Pontón debe estar integrada por deputados e deputadas, axentes sociais, forzas sindicais e patronal que aborde unha  diagnose clara sobre a verdadeira situación das pensións e compensar as persoas pensionistas galegas  “coas pensións máis baixas de todo Estado”.

Pontón tamén  denunciou que o 95% de novos contratos son  precarios e un 31% dos traballadores e traballadoras galegas “non chegan ao salario mínimo interprofesional” polo que cobran menos de  655 euros ao mes.

Rolda de prensa BNG-CIGBNG e CIG reforzan a interlocución para trasladar ao Parlamento a problemática laboral galega

Pola súa parte, o Secretario xeral da CIG, Suso Seixo afirmou que a colaboración co BNG permite trasladar ao Parlamento toda a problemática laboral e social a través de debates que permiten  que moita xente se vexa reflectida.

Sobre a preocupación amosada polo BNG no ámbito das  pensións, Seixo afirmou que da precariedade laboral tamén se deriva a precariedade de dereitos laborais e na calidade de vida da xente nova que se incorpora ao mercado laboral así como nas pensións. Nun mercado laboral onde cada vez os salarios son máis precarios, explicou o responsable da CIG, con xornadas máis longas con horas sen cotizar   “baleiras a caixa da Seguridade social” e se sumas as subvencións e contratacións  que non van a cargo dos orzamentos do Estado pero son  cargadas na SS “baleiras o fondo de reserva e pos en risco o futuro das pensións”.

Suso Seixo  afirmou que só creando  emprego de calidade é posible recuperar os recursos da Seguridade social e preguntou porque as pensións só poden manterse con recursos da S.S cando noutros países cóbrense a a partir dos propios orzamentos.

Finalmente, o Secretario xeral da CIG apelou a “unha política fiscal que grave as fortunas e rendas máis altas como garante do sistema público de pensións fronte a un sistema privado  que especula en  mercados financeiros”.