O BNG apoia as demandas dos traballadores e traballadoras da Xustiza

Luís Bará na concetración de xustiza
Luís Bará na concetración de xustiza

Luís Bará cualifica de “escándalo” a discriminación salarial e condicións laborais dos traballadores e traballadoras da Xustiza en Galiza

O deputado do BNG, Luís Bará parabenizou   ás forzas sindicais e persoas que hoxe participaron na protesta masiva nas inmediacións do Parlamento galego para reivindicar melloras laborais e salariais na Xustiza en Galiza.

O parlamentaria participou na concentración e trasladou o seu apoio e  do BNG a todas as folgas dos traballadores e traballadoras no ámbito da xustiza e cualificou de exemplo as mobilizacións en contra dos recortes de persoal, medios e condicións  salariais ao que sumou o deterioro da administración de xustiza. O deputado nacionalista anunciou que o BNG seguirá apoiando todas as reivindicacións e a defensa dunha xustiza que responda ás necesidades das persoas.

O deputado criticou que a Xunta non esixa ao Ministerio de Xustiza as prazas vacantes  en Galiza  para seren ocupadas polos galegos e galegas que están fora e o que fan, dixo, é “amortizalas ilegalmente” sen autorización do Ministerio. Sr. Rueda, conselleiro de Xustiza,  “este delito non quedará impune”, afirmou o nacionalista.

Bará cualificou de “escándalo” que se segan mantendo discriminacións salariais e  laborais no ámbito da xustiza galega  polo que avanzou que o grupo parlamentar do BNG persistirá en levar a voz de todos os traballadores e traballadoras da xustiza ao Parlamento para seguir defendendo as súas demandas.

O deputado do BNG lembrou que a “unidade é a forza dun pobo”.  Hoxe os traballadores e traballadoras da xustiza demostraron que van gañar esta batalla e que ese éxito repercutirá en toda a sociedade.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG