PARLAMENTO GALEGO

Augas de Galicia reparte discrecionalmente o orzamento para beneficiar a concellos do PP

Luís Bará, deputado do BNG
Luís Bará, deputado do BNG
Augas de Galicia reparte discrecionalmente o orzamento para beneficiar a concellos do PP
  • O deputado Luís Bará formula preguntas parlamentarias para pedir explicacións ao goberno galego polo uso partidista dos fondos públicos

O DOG num 209 do 3 de novembro de 2016 publica os convenios de colaboración subscritos pola entidade pública Augas de Galiza con concellos galegos. Segundo estes datos, asináronse 66 convenios entre o 13.6 e o 31.8.16. Resulta chamativo que destes 66 convenios, 57 foron asinados con concellos gobernados polo PP. Entre estes cabe salientar pola súa contía os asinados coa Laracha (2.000.000), O Boqueixón (1.000.000), Cotobade 1.850.000), Arteixo (1.000.000), Foz (8.000.000), ou Pontedeume (4.300.000)

Da información publicada dedúcese que Augas de Galiza actúa dunha maneira escurantista, partidista e arbitraria na distribución dos seus fondos, favorecendo a concellos gobernados polo PP e discriminando concellos doutros signos políticos.

Chama ademais a atención o feito de que estes convenios se asinaran en datas próximas a convocatorias electorais xerais e autonómicas.

O grupo parlamentar do BNG presentou diversas iniciativas parlamentarias en forma de preguntas en comisión e no pleno e interpelación no pleno, denunciando a situación e pedindo explicacións ao goberno.

  • Como valora a Xunta de Galiza os convenios asinados polo ente Augas de Galiza e concellos galegos no segundo cuadrimestre de 2016? Que criterios se seguen para elixir os concellos beneficiarios destas axudas públicas.
  • Por que a maioría dos concellos beneficiarios están gobernados polo PP?
  • Por que non hai ningún concello gobernado polo BNG e por outras forzas políticas entre os beneficiarios?
     

XÚNTASE RELACIÓN DE CONVENIOS ASINADOS CON CANTIDADES E BENEFICIARIOS. A SEGUIR OS DE MÁIS DE 200.000 EUROS

  • Foz (PP): 8.000.000
  • Pontedeume (pp): 4.300.000
  • A Laracha (PP) 2.000.000
  • Cotobade (PP) 1.850.000
  • Betanzos (psoe) 1.000.000
  • O Boqueixón (PP) 1.000.000
  • Valga (PP) 930.000
  • Noia (PP) 900.000
  • Frades (PP) 800.000
  • Cospeito (PP) 733.650, 71
  • Vedra (PP) 700.000
  • Outeiro De Rei (PP) 600.000
  • Ourense (PP) 600.000
  • Crecente (PP) 555.000
  • Castro De Rei (PP) 500.000
  • *CONSORCIO Louro E Mos (pp) 500.000
  • Porto Do Son (PP) 451.059, 54
  • *Consorcio Louro E O Porriño (PSOE) 425.000
  • Trazo (PP) 415.000
  • A Peroxa (PP) 411.129, 52
  • Sober (PP) 405.000
  • Fisterra (psoe) 382.969,79
  • Salvaterra (PP) 365.000
  • Celanova (PP) 360.000
  • Mos (PP) 350.000
  • Lobios (PP) 350.000
  • Paradela (pp) 350.000
  • Riós (PP) 348.299, 81
  • Ortigueira (PSOE) 341.043, 96
  • A Gudiña (PP) 304.912
  • Abegondo (PP) 300.000
  • Dodro (PP) 250.000
  • Ribeira (PP) 225.000
  • Oímbra (PP) 204.735,52
  • Cerdedo (PP) 202.630,95
  • Lousame (PP) 200.000
  • Cervo (PP) 200.000
  • Baltar (PP) 200.000
  • Friol (PP) 200.000
  • Coirós (PP) 200.000