Aprobada a proposta do BNG para manter os postos de traballo en Madeiras Iglesias SL

Luís Bará
Luís Bará

A Xunta emprenderá accións coa dirección da empresa de 253 traballadores, na súa maior parte  emprego feminino, e dous centros de produción na comarca de Vigo

O deputado por Pontevedra, Luís Bará defendeu hoxe unha proposición non de lei que contou co apoio unánime  da Cámara galega polo que: “O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a facer xestións ante a propiedade de Maderas Iglesias SA coa finalidade de  procurar a viabilidade e a continuidade da empresa , velar polos dereitos laborais e polo mantemento do emprego”.

O deputado do BNG lembrou que o colectivo de traballadores e traballadoras levan anos “asumindo sacrificios e renuncias” para salvar unha empresa que foi “punteira” no sector productor de tarima flotante e diversos productos madereiros  e cun gran volume de exportación. Unha empresa con 800 postos de traballo que na actualidade conserva 253 fixos cun 80% de  emprego feminino.

Madeiras Iglesias SL, explicou Bará,   é unha das maiores empresas da comarca de Vigo con dúas factorías en Sanguiñeda, Mós, O Porriño e cunha grande repercusión económica que se estende ao Morrazo, Redondela, o Condado e outras localidades pontevedresas das que proceden os traballadores e traballadoras. Polo que o  futuro da empresa, dixo, terá “importantes consecuencias” sobre estas localidades.

A crise económica provocou “unha baixada da demanda” pola súa relación co sector da construción e Maderas Iglesias despois de dez anos de problemas económicos e mala xestión empresarial atopase nunha “situación límite” con dous procesos concursais e reclamacións ante o incumprimento das condicións dos diferentes  EREs. “Non se recoñecen as vacacións nen os  días festivos” e a respecto do salario,  “en oito anos a subida salarial total foi do 0,75%”. Actualmente aínda se debe parte da paga de nadal de 2016, a de marzo e a de Xullo do 2017,  así como as  irregularidades no pagamento das nóminas, que un mes tras outro se ingresan con retraso. Sempre se abonan os  salarios a partir do día 15, chegando en algún caso a  pagar as nóminas o día 28. Para os que están de baixa é un “verdadeiro suplicio”, porque sempre o retraso é aínda moito maior. Tendo que escoitar despropósitos do xerente como, “que pagaría cando el o estimase oportuno”.

Por outra parte, existen traballadores e traballadoras que xa perderon 400 días das prestacións, condición  que non se cumpre  con otras persoas en idéntica situación.

O parlamentario asegurou que a empresa aproveitou as diferentes reformas laborais para endurecer as condicións dos traballadores e traballadoras polo que deben ser restituídos, dixo “todos os dereitos vulnerados”.

Neste sentido, o nacionalista amosou a súa satisfación polo acordo acadado hoxe no Parlamento galego e  na confianza das accións que serán emprendidas coa dirección da empresa Madeiras Iglesias S.A para “velar polos dereitos laborais, o mantemento do emprego e a viabilidade da empresa”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG