Apoio unánime á iniciativa do BNG para ordenar os montes en man común

Xosé Luís Rivas na Comisión de Agricultura
Xosé Luís Rivas na Comisión de Agricultura
  • Xosé Luís Rivas (Mini) salientou que  700 mil hectáreas e 2.800 comunidades de montes  precisan  medidas que potencien un monte sustentábel, ordenado e posto en valor 

A proposición non de lei do BNG defendida polo deputado nacionalista, Xosé Luís Rivas destinada a poñer en marcha liñas de axudas para que as  comunidades de montes veciñais en man común poidan dotar de planos de ordenación forestal e do selo de certificación forestal, contou co apoio unánime da comisións de Agricultura celebrada hoxe no Parlamento.

O deputado explicou que a Lei de Montes fixa plans de ordenación obrigatorios para montes de máis de 25 has como instrumento fundamental para xestión sustentable polo que reclamou unha liña de axudas para as comunidades de montes veciñais para facilitar en tempo e forma plans de ordenación forestal.

Por outra banda, tamén defendeu os selos de certificación forestal, documentos que avala a xestión do monte de maneira sustentable  e criticou  á utilización das empresas madereiras que utilizan este documentos como  “salvoconduto” para vender

madeira en mercados internacionais. Na actualidade, dixo, non existe lexislación que obrigue ás comunidades de montes  a se dotaren dun selo de certificación forestal polo que volveu  reclamar que este certificado sexa de carácter público e galego.

O parlamentario do BNG agradeceu o apoio de todas as forzas políticas que anunciaron o voto a favor  á iniciativa nacionalista para instar ao goberno galego a “sacar de inmediato liñas de axudas para que as comunidades de montes veciñais en man común, se poidan dotar de plans de ordenación forestal e do selo de certificación forestal”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG