PARLAMENTO GALEGO

Ana Pontón propón un Parlamento “máis áxil e aberto á sociedade”

Ana Pontón e Olalla Rodil comparecencia ante os medios de comunicación
Ana Pontón e Olalla Rodil comparecencia ante os medios de comunicación
Ana Pontón propón un Parlamento “máis áxil e aberto á sociedade”
  • A nacionalista anunciou que o BNG presentará unha iniciativa para axilizar os tempos nos trámites das iniciativas e posibilitar que a  cidadanía e axentes sociais  defendan as súas demandas na Cámara galega

A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón anunciou hoxe a presentación dunha iniciativa destinada a “axilizar o Parlamento” para dar  unha resposta rápida aos problemas de Galiza e abrir esta institución   á participación dos galegos e galegas. Neste sentido,  rexistrará , nos vindeiros días, unha proposta   para  “reducir os tempos nos trámites das iniciativas” e recoñecer o dereito de “peticións” para que cidadáns e asociacións podan directamente presentar as súas queixas con “voz directa” no Parlamento galego.

O Goberno de Feijóo ausente do Parlamento

Para a portavoz do BNG é todo un síntoma que o goberno da Xunta  confunda a súa maioría absoluta con ter “patente de corso”  para  esquivar o Parlamento. Levamos   tres meses de lexislatura na que non houbo ningunha comparecencia en pleno de ningún dos membros  do goberno, e isto , “non ten precedentes na historia do Parlamento”. Nestes días produciuse o asasinado  en Galiza de dúas  mulleres e tamén a xudicialización dos xestores públicos dos tratamentos da hepatite C,d ende o BNG consideramos que  esta  situación política e  social  require “dun  goberno activo” e con  propostas no Parlamento.

Por outra banda, explicou  Pontón, no inicio de ano será debatido o sistema de financiamento, e Feijóo nin o  conselleiro da Facenda remitiron aínda  á Cámara galega “a súa posición”. Vemos con decepción que a a proposta do BNG sobre un concerto económico para blindar os servizos públicos e que Galiza teña recursos só atopara  a descualificación do Partido popular.  

Para a portavoz nacionalista, “Feijóo non ten iniciativa nin ambición de país” o que, o seu entender,  condúcenos a “irrelevancia política”, unha actitude, recalcou  con  consecuencias económicas importantes para moitas persoas. Esta semana coñecíamos un dato, para nós “alarmante”,  Galiza perderá nunha década a metade dos  traballadores o que demostra, asegurou a nacionalista  que as medidas económicas do Goberno galego, “fracasaron” e por iso non entendemos o “triunfalismo” de Feijóo nesta materia.

Ana Pontón tamén puxo como exemplo a falta de impulso político dos orzamentos e negou  o seu carácter expansivo. No BNG non compartimos  as contas da Xunta para o 2017 e presentaremos  unha emenda para a súa  devolución. “Os orzamentos  son continuistas, non aportan ningunha medida contra a crise e non garanten salarios dignos”. O goberno continua cunha política fiscal regresiva e será incrementada a débeda nun 19% que ascenderá a dous mil millóns de euros. Os orzamentos da Xunta non apostan polo rescate dos servizos públicos, a innovación ou o emprego de calidade.

O BNG propón destinar 95 M€ para loita contra a violencia de xénero

As nosas emendas estarán centradas nunha aposta pola innovación, o retorno da mocidade, o rescate da Sanidade, unha renda de garantía social e un “pacto galego contra a violencia de xénero”, dotado con 95 M€ para atender a prevención, a formación, sensibilización e mellorar a rede de acollemento para aquelas mulleres que padezan esta violencia.

“Quen diga que se pode desenvolver a Lei contra a violencia de xénero con 5 Millóns de euros, descoñece o alcance e necesidades plasmada nesa Lei. O Goberno galego debe ir máis alá porque os recursos son insuficientes e resulta imprescindible avanzar na resposta de todos os servizos ante un caso de violencia”.

Pola súa parte, a viceportavoz do Grupo parlamentario, Olalla Rodil que valorou  os primeiros meses de Lexislatura  criticou a “prepotencia” do Goberno e a nula intención para o diálogo co resto das forzas parlamentarias. No que levamos vivido, neste período, Feijóo e o seu goberno “ningunean “ o Parlamento e cremos que hai dous exemplos para ilustrar esa actitude, dúas mulleres foron asasinadas, en menos de  12 horas, e non se produciu ningunha comparecencia pública para dar explicacións e de non ser  polas forzas da oposición en sesión plenaria, “o Goberno de Feijóo daría carpetazo ao asunto”. Por  outro lado coñecemos que a Audiencia ampliou a imputación de dous altos cargos da Xunta por homicidio imprudente no tratamento da Hepatite C, en tampouco houbo ningún pronunciamento por parte do Goberno galego e cando pedimos explicacións no Parlamento, “o goberno volveu a pasar o rodillo e dar a calada por resposta”.

Olalla Rodil coincidiu coa portavoz parlamentaria, Ana Pontón en cualificar o Parlamento como unha “institución  cunha burocracia excesiva á hora de dar resposta aos problemas de Galiza” polo que insistiu na necesidade de reducir os tempos na tramitación das iniciativas para  “axilizar e adaptar a  Cámara galega ás necesidades deste país”