Ana Pontón pide a retirada da campaña contra a violencia de xénero da Xunta por considerala machista

Montse Prado e Ana Pontón
Montse Prado e Ana Pontón

O BNG pide ao Goberno que rectifique e retire de inmediato a campaña institucional contra a violencia de xénero

Ana Pontón pide a retirada da campaña contra a violencia de xénero da Xunta por considerala machista

O mellor que pode facer a Xunta coa campaña institucional contra a violencia machista ás portas do 25N é admitir o seu erro e retirala de inmediato. Así o reclama o BNG, cuxa portavoz nacional, Ana Pontón, considera que a campaña é un “esperpento” que reproduce estereotipos machistas, os mesmos que están detrás da violencia contra as mulleres.

“Hai que ter campañas de concienciación contra a violencia machista pero é esperpéntico que a Xunta poña en marcha unha campaña paternalista que cousifica ás mulleres reproducindo estereotipos que están detrás da violencia de xénero”, salientou a dirixente nacionalista.

“Esta campaña atenta contra a dignidade das mulleres e en vez de loitar contra a violencia de xénero reproduce os estereotipos machistas, causa última dunha violencia que leva moitas vidas arrasadas, ben polos asasinatos machistas, ben polo cada día que soportan milleiros de mulleres”, afondou Pontón, quen o Goberno de Feijóo só ten unha vía posible, a rectificación.

“O que deber facer a Xunta é recoñecer o seu erro e retirar esta campaña, porque é un auténtico contrasentido, e sorprende que non haxa máis coñecemento de cales son as causas de violencia e cal debe ser  a óptica contra a violencia de xénero. Debe retirar a campaña”, reiterou.