Ana Pontón pide a Feixóo que escoite á cidadanía e pare os recortes nos servizos públicos

Ana Pontón
Ana Pontón

Alerta que Feixóo e Raxoi preparan un novo tarifazo eléctrico para subir o recibo da a luz a todos os galegos e galegas

Ana Pontón pide a Feixóo que escoite á cidadanía e pare os recortes nos servizos públicos

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón anunciou que no vindeiro pleno  preguntará a Feixóo se está disposto a escoitar as demandas cidadás que alertan das graves consecuencias dos recortes e privatizacións dos servizos públicos.

 Pontón lembrou  que miles  de persoas expresaron nas rúas o seu malestar polo crecente deterioro nos ámbitos educativo e sanitario ao que sumou as mobilizacións da semana pasada dos traballadores e traballadoras da Xustiza. Neste sentido, reclamará ao Presidente da Xunta que se sente a negociar cos representantes dos traballadores porque “está na súa man frear a folga anunciada” para  o mes de febreiro contra os recortes e as discriminacións laborais e salariais na xustiza galega.

Por outra parte insistiu en que medra o malestar social ante a precariedade da sanidade galega, medran as listas de espera, aumenta a precariedade laboral, hai menos camas operativas nos hospitais e ese deterioro, “pagámola todos os galegos e galegas”. Dende o BNG imos reclamar a “paralización da axenda de recortes e privatizacións” que ten na contrarreforma sanitaria o seu maior aliado.

O PP anuncia outra estafa

Hoxe no BOE, explicou a nacionalista,  temos unha proba máis de como o PP en Madrid sigue gobernando ao servizo das empresas eléctricas que se traduce “nunha nova subida da luz” a todos os galegos e galegas. Imos ter unha penalización pagando a luz máis alta do Estado a pesar de ser produtores de enerxía.

 “Serán os e as consumidoras as que teñen que pagar os impostos que ata agora pagaban as empresas eléctricas: o imposto do Canon eólico, o de contaminación, de saneamento e dano medioambiental  que ata agora pagaban as grande multinacionais eléctricas pero Raxoi, agora  decreta que pasen a pagala os galegos e galegas.

“Unha especie de Robin  Hood ao revés, roubarlle aos traballadores , -isto é as familias e as pequenas e medianas empresas-, para darllo aos ricos, -isto é Iberdrola, Gas Natural-FENOSA, ENDESA... grandes multinacionais con beneficios millonarios. (5.463 millóns de euros en 2016)”.

A miña pregunta é : Que vai facer Feijóo?. Seguirá vetando a tarifa eléctrica galega que propón o BNG, dirá AMEN a este novo TARIFAZO que prepara Raxoi na factura da luz?. Poñerase do lado das eléctricas ou da xente do país? Que poden máis, as portas xiratorias de IBERDROLA, ENDESA E GASNATURAL-FENOSA ou que os galegos e as galegas podan chegar a fin de mes e as PEMES sexan competitivas?

Queremos saber que vai facer Feixóo: se vai defender os dereitos dos galegos e das galegas para  beneficiarnos dunha tarifa máis baixa, ou  vai defender “unha nova estafa eléctrica e unha decisión do PP que pretende subirnos aínda mais a luz e que paguemos o recibo mais caro”.

O BNG pide unha auditoría dos servizos da AP-9

 Pontón asegurou  que se Feijóo pensa que imos deixar pasar o seu anuncio de novas subidas na AP-9,  xa lle digo que se equivoca, porque aínda que  se poña do lado de AUDASA e da súa conta de resultados, o BNG ponse do lado dos galegos e das galegas que cada día soportan a estafa das peaxes aínda  que  Feixóo teña o descaro de chamarlle “equidade distributiva”.

Ademais anunciou que o BNG levará ao próximo pleno unha proposición non de lei  para pedir a  supresión da peaxe entre Redondela e Vigo, “con cargo aos millonarios beneficios de Audasa“,  e a  aplicación de bonificacións e descontos nas tarifas para todos os usuarias e usuarias. Tamén pedimos, dixo,  “unha auditoría sobre o servizo que presta a concesionaria e unha comisión de investigación sobre as obras de ampliación e  convenios asinados entre o Goberno central e AUDASA”.

 O BNG, remarcou Pontón, non renuncia  a conseguir “a transferencia da AP9 como primeiro paso para acabar coa estafa das peaxes”.

 

Finalmente, a portavoz do BNG denunciou  o baixo investimento do Estado en Galiza. Nos  últimos anos, dixo,  o grao de execución de Fomento en Galiza foi moi inferior ao do conxunto do Estado:  80,8% fronte ao 107% en 2015,  en 2016,  investiuse un 47% do anunciado fronte ao  89% no Estado , e  no primeiro semestre de 2017 a execución no territorio galego foi do 16,2%  fronte ao  54,7% a nivel estatal.

“Só no bienio 2015-2016 o Goberno de Rajoy deixou de executar  996 millóns de euros, que perdeu o AVE galego”, concluíu.