CONFERENCIA DE ANA PONTÓN NA FRONTE CULTURAL CANLEAR

Ana Pontón: “a nación galega existe, e por iso existimos nós e defendemos os seus dereitos”

Conferencia de Ana Pontón en Lalín
Conferencia de Ana Pontón en Lalín
Ana Pontón: “a nación galega existe, e por iso existimos nós e defendemos os seus dereitos”
  • A portavoz nacional calificou o goberno de Rajoy de "máis pepero e máis marianista"

Baixo o título:  “Nacionalismo e globalización na Galiza do século XXI” a portavoz do BNG deu hoxe unha charla, seguida dun debate, no Pazo de Mos (Pontevedra), organizada pola Frente Cultural Canlear.

A  nacionalista principiou a súa intervención valorando o novo executivo de Rajoy do que dixo, é “máis pepero e máis marianista”  e advertiu que seguirá na senda dos recortes sociais,  recentralización e  recorte das liberdades públicas. Para a portavoz nacional do BNG, estamos ante un “goberno continuísta” que ademais evidencia “a falta de peso político de Feijóo en Madrid”.

Por outra parte, recalcou que o BNG non está  preocupado pola  ausencia de ministros ou ministras galegas,  o  que realmente  preocupa ao BNG é  a estratexia do presidente da Xunta que condena a Galiza “á irrelevancia política”. A  submisión de Feijóo ao goberno de Rajoy provoca que todos os galegos e galegas paguemos as peaxes de autoestrada máis altas de todo o Estado e teñamos os  peores servizos. A maioría absoluta de Feijóo, lembrou a portavoz nacionalista,  non  mudou a vida das persoas que seguen agardando pola lei de dependencia, ou da  xente que debe pagar todos os días as peaxes para ir a traballar. A min,  como portavoz do BNG, “non me importa se Feijóo está máis contento co novo goberno do Estado. O que si  me preocupa, son as  súas aspiracións persoais que  fan que Galiza teña cada vez  menos peso político.

photo825218876222580677Ante a proximidade do pleno de  investidura de Núñez  Feijóo á Presidencia da Xunta de Galiza, Pontón avanzou que agarda un debate no que  o candidato popular  fuxa dos triunfalismos e recoñeza os seus fracasos. “Hai catro anos comprometeuse a poñer fin a crise e onte mesmo coñecemos os datos alarmantes que confirman que en Galiza se segue destruíndo emprego mentres no resto do Estado crece”.

Empoderamento social e cultural galego

A portavoz nacional do BNG iniciou a súa conferencia afirmando que é necesario repensar Galiza como proxecto. Obviamente Galiza xa existe,explicou,  a nación galega existe, e por iso existimos nós e  defendemos os seus dereitos. Mais toca pasar da Galiza en si á Galiza para si, isto é, toca construír máis "poder galego" para reforzar o país e avanzar no seu empoderamento social e cultural. Apostando por construír un tecido social e económico máis vivo, dinámico e conectado e axudando a mobilizar e a conectar as enerxías do país nun deseño máis autocentrado, máis consciente, máis intelixente e orientado a crear riqueza e emprego. E iso lógrase con argumentos, con formación, con iniciativas e estruturas actualizadas e sólidas, con capacidade de tecer acordos e de impulsar propostas que sinalen un horizonte compartido e desexable para a grande maioría. 

 

Esa proposta, apuntou a portavoz do BNG, debe relacionar a articulación de poder galego por abaixo (empoderamento e vertebración do país) coa necesidade de avanzar en parcelas de capacidade de decisión real para Galiza.

 

Queremos facelo desde un enfoque amplo. Trátase de asuntos de especial interese para Galiza e cremos que esas iniciativas deben ser elaboradas contando con persoas expertas e de forma plural. Ou sexa, “con persoas do BNG e de fóra do BNG” , concluíu