Ana Pontón encabeza a representación do BNG que participa na asemblea xeral do partido europeo ALE

Ana Pontón e Ana Miranda na Asemblea do Partido Europeo ALE en Polonia
Ana Pontón e Ana Miranda na Asemblea do Partido Europeo ALE en Polonia
  • Ana Miranda e Francisco Joquera completan a delegación nunha cita na que os partidos integrados na ALE debaterán de cuestións comúns ás nacións sen estado

A portavoz nacional, Ana Pontón, encabeza a delegación do BNG que participa entre os días 31 de marzo e 1 de abril na asemblea xeral anual do partido europeo Alianza Libre Europea (ALE), prevista na cidade polaca de Katowice, a onde acudirán máis de 200 representantes das 46 organizacións e pobos europeos que integran a ALE.

A portavoz do Bloque en Bruxelas, Ana Miranda, e o presidente da Fundación Galiza Sempre, Francisco Jorquera completan a representación nacionalista a unha cita política a que tamén asisten como convidados Carme García Negro proposta para integrar o Consello Científico da fundación da ALE Centro Maurits Coppieters, presidida por Xavier Macías.

Delegación BNG na Asemblea xeral ALE en PoloniaEntre os temas que serán sometidos a debate, diversos asuntos comúns ás diferentes nacións sen estado, moitas recollidas no libro elaborado pola ALE sobre o dereito da autodeterminación, o rol das nacións sen estado en Europa e tamén serán abordados os referendos en Catalunya e Escocia entre outros.

Outras cuestións a tratar serán a soberanía enerxética e o desenvolvemento sustentable, as redes transeuropeas de transporte, medidas para combater a xenofobia, o drama das persoas refuxiadas e a situación de vulneración de dereitos humanos en países como Palestina, Turquía, as minorías en diferentes estados europeos ou a non resolta loita do Pobo Saharauí.

Ademais das intervencións nas reunións plenarias, as representantes do BNG manterán encontros bilateriais con responsables doutros partidos como o Scottish National Party (Ian Hudgdton), o galés Plaid Cyrum (Jill Evans), co presidente da ALE, François Alfonsí, con Esquerra Replublicana (Josep-Maria Terricabras) ou coa  Coalición Europa dos Pobos ( Josu Juaristi).

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG