Á reunión convocada polo BNG só asistiu "En Marea"

Ana Pontón empraza a Feijóo a convocar unha xuntanza para defender a transferencia da AP-9

Ana Pontón atende aos medios de comunicación
Ana Pontón atende aos medios de comunicación
  • A portavoz parlamentaria do BNG  insiste na necesidade dunha iniciativa de todos os grupos da Cámara galega en defensa da transferencia da AP 9 e pregúntase se unha posible venda da infraestrutura, é a verdadeira causa do veto no Congreso para a súa transferencia

Trala xuntanza dos portavoces do BNG e En Marea,  Ana Pontón e  Luís Villares á que non asistiron nin populares nin socialistas, a portavoz nacionalista emprazou a Feijóo a convocar unha xuntanza para defender a transferencia da AP-9.

Ante os medios de comunicación,  Pontón lembrou que a pesar da unanimidade na Cámara galega para defender no Congreso a  transferencia da AP -9, o presidente en funcións, Mariano Rajoy tentou vetar o debate da iniciativa na Cámara baixa. Nós hoxe, dixo, pretendiamos que estiveran presentes todos os grupos, e de feito tiñamos a confirmación do grupo socialista que finalmente decidiu descolgarse, agardo, dixo, que “esa non sexa a tónica desta lexislatura” e o  primeiro paso para implantar “a coalición en Galiza que se está fraguando a nivel do Estado”.

Por outra parte, Pontón tamén se preguntou se unha posible venda da AP-9 é a verdadeira causa do veto no Congreso dos deputados para a súa transferencia a Galiza.

O BNG tende a man ao resto das forzas para reclamar a transferencia da AP 9 a Galiza

Dende o BNG, afirmou a nacionalista, seguimos coa man tendida a todos os grupos  para crear “un fronte común” en defensa da dignidade do Parlamento de Galiza e  dunha iniciativa que foi aprobada por unanimidade para o seu  debate no Congreso coa aspiración de acadar a mesma unanimidade. A AP-9, recalcou, debe xestionarse dende Galiza para rematar cunhas peaxes que cualificou de “absoluta estafa”.Neste sentido, lamentou o “silencio de Feijóo”  e que ante un agravio destas características se converta nunha estatua de sal. Cómo é posible que Feijóo a estas alturas non teña respondido? preguntou.

Se finalmente se consuma o veto a unha iniciativa aprobada no Parlamento galego estamos ante unha situación que converte esta institución e aos  galegos  e galegas en “cidadáns de segunda”. Sen embargo, apuntou,  aínda hai tempo para unha resolución antes de que a Mesa do Congreso tome a decisión definitiva e se  Feijóo non responde a esta cuestión  é porque é “unha pataca quente que quere esconder”. O Bloque, manifestou Pontón non vai ser conivente con ningunha actitude de desprezo cara os galegos e galegas polo que volveu a pedir rigor e establecer un diálogo entre todas as forzas parlamentarias  que permita  rematar coas abusivas peaxes.

En Marea amosa o seu apoio á reclamación da transferencia da AP-9

Pola súa parte, o portavoz de En Marea, Luís Villares asegurou que a AP-9 merece o apoio de todas as forzas políticas e reclamou que a iniciativa aprobada por unanimidade no Parlamento galego sexa debatida no Parlamento español, o resto, dixo, son escusas porque a transferencia non significa o rescate da concesión.  O veto no Congreso colócanos  “nun agravio comparativo” en relación a outras nacións  do Estado. O parlamento galego, remarcou Villares,  merece o mesmo respecto e o grupo parlamentario de En Marea, tanto aquí como en Madrid, levará con firmeza esta reclamación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG