Ana Pontón cualifica de “tomadura de pelo” a negativa do Goberno Central para o traspaso da AP-9

Ana Pontón cualifica de “tomadura de pelo” a negativa do Goberno Central para o traspaso da AP-9
  • As declaracións do ministro de Fomento anunciando que a AP-9 continuará sendo de titularidade do Estado, constatan a “falta de peso político de Feijóo” e  as  forzas políticas galegas debemos exixir ao presidente da Xunta que lle plante cara ao goberno central”, indicou a nacionalista  

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualifica de “tomadura de pelo”  o non rotundo do ministro de Fomento, Iñigo de la Senra á transferencia a Galiza  da AP-9 como reclamou  o Parlamento galego a partir dunha iniciativa  impulsada polo BNG.

Para a portavoz nacional do BNG que o goberno de Rajoy negue a transferencia desta infraestrutura evidencia que “Feijóo non pinta nada no seu partido”. Todas as forzas políticas galegas debemos esixirlle ao Presidente da Xunta que “se presente en Madrid e lle  plante cara ao goberno do Estado”. Feijóo debe defender os intereses de Galiza e non seguir sendo “unha marioneta de Mariano Rajoy e do Partido popular”.

Pontón advirte que o BNG “non aceptará un non por resposta” e lembra que o Partido popular non conta coa maioría no Congreso dos deputados.