Ana Pontón cualifica de “cita gastronómica” a reunión do PP para abordar a quita as CCAA

Reunión PP (Twitter: M.Raxoi)
Reunión PP (Twitter: M.Raxoi)

A preguntas dos xornalistas sobre a xuntanza do Partido popular onte en Madrid, a portavoz do BNG cualificou de “cita  gastronómica” unha reunión da que só podemos deducir que o relato do PP volve a repetirse. Din que non hai quita e iso lémbrame cando falaban de “reestruturación da débeda” ou que “os recortes eran axustes”, pois ben, agora estamos ante un debate importantísimo e Feixóo, unha vez máis, segue “deixando a Galiza fora de xogo”.

O presidente da Xunta debe explicar porque imos estar fora desa reestruturación da débeda e canto nos vai costar aos galegos e galegas. Feixóo tomou a decisión dun “financiamento a través da banca en vez de recorrer ao recursos públicos”. Mestres outras comunidades estarán cun maior desafogo económico, “Galiza pagará máis débeda”. Dende  o BNG reclamamos “unha compensación polo infrafinanzamento dos nosos servizos públicos e esixirlle responsabilidades a Feixóo por obrigarnos a pagar máis débeda.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG