Ana pontón advirte a Feixóo que a súa submisión non o coloca na casa de saída para a sucesión a M.Raxoi

Cualifica de novo “agravio” o “recortazo bis” dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2018  e reta a Feixóo a plantarlle cara a Raxoi e reclamarlle un investimento do 32% como Euskadi, finalizar as obras do AVE no 2019, financiar as zonas arrasadas polos lumes e subir as pensións

Na pregunta de control ao presidente, a portavoz nacional e do grupo parlamentar do BNG, Ana Pontón afirmou que  Feixóo    “ten a cabeza máis en Madrid, que en defender os intereses de  Galiza” e advertiulle que a  súa obediencia  e  submisión a Mariano Rajoy “non o sitúa na casilla de saída” para a sucesión, entre outras cousas, dixo,  porque  non creo que a alternativa ao máster de Cifuentes sexan “as fotos de Feixóo nun iate cun narcotraficante”.

Os galegos e galegas pagámoslle por defender os intereses deste país, “non use a Galiza como moeda de cambio” para os intereses da súa carreira política.

 PALABRA DE FEIXÓO E  MÁSTER DE CIFUENTES,  MESMA CREDIBILIDADE

Hai un ano, explicou a nacionalista  preguntáballe polo recortazo de Raxoi a Galiza nos orzamentos do Estado, “nada menos que 440 millóns de euros”. Calquera presidente reaccionaría dando a cara polo seu país pero a vostede  faltoulle tempo para bendicir o recortazo e, a cambio,  anunciaba unha comisión para controlar os investimentos. Unha comisión que nunca existiu, e iso que ía estar presidida por vostede mesmo. A súa palabra, recalcou Pontón,  “ten a mesma credibilidade que o máster de Cifuentes”.

Non existiu comisión, e o peor, engadiu, é que non  se executan os investimentos anunciados. Segundo os datos do Proxecto de Orzamentos, o Estado deixou sen investir 4 de cada dez euros prometidos, a maioría para as obras do AVE que, por exemplo, no tramo Olmedo-Lubián-Ourense deixou no caixón a metade do anunciado.

PROCESIÓN DO AVE A GALIZA  CO SANTO MARIANO RAXOI AO FRONTE

E como reacciona o Presidente da Xunta ante este novo recortazo nos investimentos dos PXE, preguntou Pontón,   pois pedindo “unha procesión”. O  pasado   sábado en Sevilla,  Feixóo pediu  ao ministro de Fomento organizar no ano 2019  “unha procesión do AVE a Galiza”   expresando o seu desexo de que   “o santo desa procesión fora o Presidente Raxoi baixando na estación do AVE en Ourense”. Xa sei que parece un monólogo do Club da Comedia, pero non o é,  era vostede falando do AVE galego en Sevilla, unha cidade, que por certo, xa  celebrou o 25 aniversario da chegada da alta velocidade mentres aquí   “seguimos esperando e vendo como  vostede se encomenda ao Santo  Mariano Raxoi”.

Sen embargo, as  risas que provocou a súa intervención sevillana, indicou Pontón,  non tapan a realidade: este ano “Galiza recibe outra labazada nos orzamentos do Estado, e mesmo recoñecen que as obras do AVE non finalizarán ata o 2025”.

Señor Feixóo, cambie de Santo ou teña un pouco de dignidade e exerza como presidente deste país, ironizou porque nas contas  para  2018, “o Estado presidido polo SANTO RAXOI vai gastar   3 veces máis en rescatar as autoestradas de Madrid que en investir  en Galiza, soportamos  os segundos investimentos máis baixos, en 15 anos, non hai proxectos novos e os vellos acumulan incumprimentos”.

PROPOSTAS DO BNG

Ante a nova discriminación a Galiza nos investimentos dos Orzamentos Xerais do Estado, a portavoz do BNG propuxo unha reunión urxente, de todos os grupos parlamentarios, “se pode ser mañá mesmo”, dixo,  para “reclamar de maneira unánime”: un investimento do 32% como o de  Euskadi, consensuar unha proposta para que o AVE finalice no 2019,  modernizar  o ferrocarril,  sanear as rías, financiar as zonas arrasadas polos lumes e  subir as pensións.

Ademais, Pontón tamén demandou que ningún deputado ou deputada  do PP, elixido  por Galiza apoie estas contas mentres  supoñan un novo maltrato a Galiza.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG