Ana Pontón: “21 millóns de euros non chegan para recuperar as zonas afectadas polo lume”

Montes de Valadares, Vigo
Montes de Valadares, Vigo

Pide destinar unha partida nos  orzamentos  para poñer en marcha un “plan integral de recuperación”, social, económico e ambiental, tras o “desastre” provocado polos incendios o 15 de outubro

Na súa visita á zona afectada pola vaga de lumes no monte Cepudo de Valadares na contorna de Vigo, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  afirmou que: “ o decreto de 21 millóns é insuficiente para facer fronte  ao desastre ambiental, social e económico” producido polos incendios  e pediu destinar “unha partida” específica nos orzamentos 2018  para un plan integral de recuperación das zonas afectadas.

Tras manter un encontro cos traballadores e traballadoras contra os incendios e representantes das comunidades de Montes, Pontón manifestou que é o momento de facer un balance e analizar as causas da situación de “emerxencia nacional” que vivimos o 15 de outubro e tomar todas as decisións políticas que sexan necesarias para rectificar para que  “nunca máis” teñamos que volver a vivir esa situación.

Neste sentido, recalcou que o traballo de todas as persoas que se esforzaron en apagar os lumes impediu que a “traxedia fora maior” e denunciou a “precariedade” do servizo contra incendios.

VISITA A ZONA QUEIMADA MONTE CEPUDOPontón reclamou  da Xunta poñer en marcha un “plan de recuperación”, ambiental, social e económica  de todas as zonas afectadas pola vaga de lumes e a  inversión pública necesaria para executar as “franxas de protección” de vivendas e infraestruturas públicas.

A Xunta, dixo, non pode seguir sustentando a mentira “dunha trama incendiaria” como única causa dos lumes. O verdadeiro problema, é ter unha “política forestal pirómana” que abandona o rural. “Necesitamos un cambio de rumbo na política forestal”.

COLAPSO NA AP-9

REUNIÓN CON TRABALLADORES CONTRA INCENDIOSNa súa visita as zonas afectadas polos incendios  en Valadares, acompañada polos responsables comarcal e local do BNG, Manuel Caride e Serafín Otero, Pontón   denunciou o “colapso de tráfico ”  en Vigo e comarca do Morrazo  provocado polas  obras do corredor do Morrazo e ampliación da ponte de Rande. Tanto a Xunta como AUDASA, “non cumpriron o seu compromiso” de evitar as retencións nos tramos das obras e hoxe constatamos, unha vez máis, “o fracaso” da comisión de coxestión da AP 9 que o único que está conseguindo é “colapsar as infraestruturas de todo o sur de Vigo”.

As retencións provocan un “grave dano” na economía das persoas que deben ser compensadas polo que o BNG pedirá “sancións para AUDASA” e responsabilidades no Parlamento  ante o que consideramos unha  “tomadura de pelo a todas e todos os galegos”, por parte do goberno galego.

Hai que evitar que esta situación  se converta “no día a día dos cidadáns” de Vigo, Morrazo e  Pontevedra que ven como a principal arteria de comunicación sufre permanentes retencións manténdoos  “secuestrados” durante horas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG