Ana Miranda valora que a Eurocámara saia en defensa d@s emigrantes retornad@s acosados por Facenda

Ana Miranda e Alexandre Lago
Ana Miranda e Alexandre Lago
  • Critica o abandono do Goberno central e da Xunta, que contrasta coa decisión de Bruxelas de elevar o caso ante a Comisión Europea

Santiago de Compostela, 22  de marzo , 2017. A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda valora que a Eurocámara saia na defensa dos emigrantes galegos retornados acosados por Facenda.  No  debate da denuncia de “acoso de Facenda ás persoas emigrantes galegas retornadas”,celebrado hoxe no Parlamento europeo,  a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda e a Plataforma de afectad@s demandaron da Comisión de Peticións europea esixir ao goberno español o cumprimento   dos  Convenios Bilaterais asinados cos  Estados membros , eliminar os expedientes abertos e realizar un cambio da normativa tributaria que  recoñeza o  mesmo status para  as pensións  estranxeiras e  españolas.

Ana Miranda lembra que este debate responde a unha  petición mediada polo BNG tras o convite dun  grupo de representantes das distintas coordinadoras a Bruxelas no ano  2016, solicitando a  inclusión da denuncia de “acoso por parte de Facenda” na orde de traballos da Comisión de Peticións da Eurocámara ante a  gravidade dunha situación que afecta a un gran número de persoas emigradas.

A portavoz do BNG explicou que  Alexandre Lago, en nome da Coordinadora Nacional galega de Plataformas de Emigrantes Retornados, acadou coa súa intervención que a Eurocámara, “non pechara a denuncia  de discriminación e  acoso fiscal da Axencia Tributaria contra  o colectivo de emigrantes retornados galegos”. Para Ana Miranda, a situación dos emigrantes retornados "é un problema europeo do que a Comisión Europea non pode desinhibirse argumentando  que non ten competencias”,  son cidadáns comunitarios e  vítimas  “do afan recadatorio” de Facenda.

Ana Miranda   lamentou  que o  Partido popular  na súa intervención defendera a preocupación do presidente da Xunta e do Goberno do Estado por un colectivo  que mesmo levou as súas mobilizacións por toda Galiza e o Parlamento galego sen recibir, en ningún momento,  unha resposta satisfactoria  por parte do executivo galego e o seu titular.  

Finalmente, a portavoz do BNG en Bruxelas, anunciou que o vindeiro  venres 24, comparacerá ante os medios de comunicación xunto a  representates da Coordinadora de emigrantes retornados na cidade de Vigo ás 11hs ante a Delgación de Facenda na rúa Lalín co fin de explicar e valorar  o acontecido hoxe  na comisión europea.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG