Ana Miranda pide unha entrevista coa comisiaria de transportes da UE en relación co sinistro do Alvia

Ana Miranda coa Asociación de Vítimas do Alvia no Parlamento Europeo
Ana Miranda coa Asociación de Vítimas do Alvia no Parlamento Europeo
  • Entregará a Violeta Bulc a denuncia por infracción da normativa europea  e pedirá que inste ao Goberno central a facer unha investigación imparcial

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, cursou unha solicitude da entrevista coa  Comisaria europea de Transportes,  Violeta Bulc, ante a negativa do Goberno central a realizar unha nova investigación independente do accidente de Angrois como demandan ás vítimas e os seus representantes, e pese ao demoledor informe da propia Comisión Europea poñendo en solfa a investigación levada a cabo polas autoridades españolas denunciando tanto a falta de imparcialidade como o incumprimento da normativa da UE.

Para a nacionalista, a Comisión Europea debe instar ao Estado español a iniciar unha nova investigación dun dos accidentes máis graves dos últimos 25 anos en Europa, en particular tras as novas evidencias recollidas no Informe da Axencia Ferroviaria Europea ,-difundido en Xulio de 2016-, e despois do claro apoio da Eurocámara na sesión do pasado 24 de xaneiro á realización dunha nova investigación.

Miranda fai a petición tras a xuntanza da comisaria con membros da Asociación de Vítimas do Alvia celebrada onte en Madrid, a través dunha carta na que tamén traslada que fará chegar á máxima responsable de Transportes europea a denuncia por infracción na investigación, salientando “a ausencia dunha avaliacións de riscos”  na posta en marcha da alta velocidade sen as necesarias medidas de seguridade que, de terse aplicado, posiblemente se tería evitado o accidente de Angrois.

O BNG continuará coa súa presión política en Europa para conseguir  unha  nova investigación independente e que a normativa comunitaria sexa cumprida con todas as garantías

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG