Accidente de Angroi na Eurocámara

Ana Miranda pide que Bruxelas reabra a investigación sobre Angrois para depurar responsabilidades políticas

Ana Miranda coa Asociación de Vítimas do Alvia no Parlamento Europeo
Ana Miranda coa Asociación de Vítimas do Alvia no Parlamento Europeo

O BNG aproveitou a comparecencia dos portavoces das Plataforma de vítimas do Alvia ante a Comisión de Peticións da Eurocámara para pedir que o Parlamento europeo solicite a reapertura da investigación polo accidente de Angrois tras coñecer o informe da propia Comisión Europea, en concreto da Axencia Ferroviaria Europea, no que se cuestionaba a imparcialidade da investigación levada a cabo polas autoridades españolas.

A portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, puxo en valor o traballo do BNG tanto para a elaboración e difusión dese informe como polo feito de que as vítimas podan explicarse ante a Eurocámara, superando por fin o boicot do PP e do PSOE a que esta Comisión de Peticións se celebrase.

O BNG, xunto cos portavoces da vítimas, vai manter mañá un terceiro encontro co director xeral da Axencia Ferroviaria Europea ao que Miranda solicitará que acceda a declarar no novo proceso de investigación aberto para esclarecer causas e responsabilidades do sinistro, “que non se lle poden atribuír exclusivamente ao maquinsta”, dixo, ao tempo que contrapuxo a actitude do Parlamento europeo escoitando á vítimas, co das autoridades españolas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG