Parlamento Europeo

Ana Miranda defenderá en Bruxelas a protección e beneficio público dos montes en man común

  • O BNG participa na 1º asemblea europea en defensa dos bens comúns

O BNG participa en Bruxelas na 1a Asamblea Europea en defensa dos Bens Comúns e reclama que os Gobernos galego e español deixen de ameazar coa privatizacion dos bens e recursos colectivos.

Entre o 15 e o 17 de novembro o Parlamento europeo acolle o chamamento de centos de organizacións na defensa dos bens comúns fronte á privatización e a mercantilización. É a 1a Asamblea que se reúne a nivel europeo na defensa dos Bens Comúns, bens e recursos colectivos, que se ven amenazados por decisión gubernamentais que apostan pola privatización, foro no que se debaterán fórmulas para crear unha rede europea dos Bens Comúns.

O BNG participa neste movimento a través da portavoz nacionalista en Europa, Ana Miranda, que explicará en Bruxelas a situación única en Europa dos montes en man común en Galiza, acompañada de Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades Veciñais de Montes en Man Común.

“Os gobernos deben identificar, crear, administrar, rexenerar e coidar os bens comúns, e non ameazalos con privatizalos e especular, como pasou en Galiza coa Lei galega de Acuicultura, con Corcoesto, coa amenaza sobre novos proxectos mineiros especulativos, coa ameaza de especulación, no monte ou coa privatización da auga”, afirmou Ana Miranda, quen falará destas ameazas no foro comunitario.

Máis información.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG