Ana Miranda asiste como observadora internacional ao xuízo contra 24 presos saharauis

Ana Miranda en Rabat
Ana Miranda en Rabat
Ana Miranda asiste como observadora internacional ao xuízo contra 24 presos saharauis

A portavoz do BNG en Europa Ana Miranda, desprázase este domingo a Rabat para asistir como observadora internacional na reapertura do xuízo aos 24 presos políticos saharauís do campamento da Dignidade Gdeim Izik, campamento creado no 2010 perto de El Aaiún, como denuncia á discriminación política, económica, social e cultural que sofre o Pobo Saharauí e que foi desmantelado por Marrocos con extrema violencia. Morreron 11 policías e 2 activistas Saharauís e foron detidos os acusados sen probas.

“Este é un xuízo político e que vulnera os dereitos humanos e que vai contra a defensa do dereito á libre determinación do Pobo Saharauí, nunha actitude colonial e déspota por parte de Marrocos”, afirma Ana Miranda, lembrando que “ademais de non existir probas e de inventalas contra os imputados, empregouse a tortura e abusos manifestos que non foron considerados na causa, vulnerando o Convenio de Istambul contra a Tortura”.

Alén diso o proceso xudicial é inválido por celebrarse fora dos territorios ocupados, segundo o Dereito Internacional, e xa con foi anulado un xuízo en sede militar que foi anulado.

O BNG únese á denuncia de numerosos colectivos de Solidariedade e de  organizacións de defensa de dereitos humanos, así como ao Intergrupo do Parlamento Europeo Paz para o Pobo Saharauí, do que foi membro como eurodeputada Ana Miranda, que leva denunciando este "farsa de xuízo" dende 2010.