Abonda xa de agresións LGTBIFÓBICAS!

LGBTI. Foto: unsplash.com
LGBTI

O BNG súmase á denuncia de ALAS (asociación pola liberdade afectiva e sexual) ante unha nova agresión LGTBIfoba na cidade da Coruña onde un mozo foi agredido polo seu caseiro que lle proferiu insultos LGTBIfobos, golpeándoo e incluso ameazándoo de morte.

Esta nova agresión vén sumarse que xa denunciou a Asociación Nós Mesmas esta mesma semana por parte do alcalde de Valga, José Manuel Bello Maneiro, do Partido Popular, que insultou María Ferreirós, líder da oposición, co termo misóxino e lesbófobo “tortillera” durante o pleno.

Desde o seu compromiso cos dereitos do colectivo LGBTI, o BNG seguirá a denunciar todas as agresións e violencias que padece no camiño cara á construción dunha Galiza xusta e igualitaria onde cada persoa pode vivir en liberdade e con dignidade. 

Por iso, facemos unha chamada para participar na mobilización convocada por ALAS o día 10 de decembro para denunciar as agresións ao colectivo LGTBI e reivindicar unha resposta efectiva.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG