21 outubro, Día para a despatoloxización Trans

LGBTI. Foto: unsplash.com
LGBTI. Foto: unsplash.com

O colectivo trans renova este ano a súa protesta, que xa vén de longo, para exixir dereitos básicos como son o dereito a ter un nome, a camiñar pola rúa sen medo, ao traballo, á vivenda, á saúde e ao benestar. En definitiva, o dereito a ter unha vida que poder dicir súa e vivir con dignidade. Así, unha das súas reivindicacións máis importantes volta a ser erguida estes días: a retirada da súa identidade dos manuais de medicina. É 2017, e tanto as institucións psiquiátricas de grande parte do mundo como a OMS aínda consideran as persoas trans como pacientes a curar, e non como suxeitos autónomos con capacidade de decisión. 

Tal situación só pode ser entendida atendendo á transfobia que impregna a nosa sociedade, transfobia que o actual marco lexislativo galego ( Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia) non axuda a mellorar, xa que, alén da súa insuficiencia de conteúdo, non contempla réxime sancionador ningún que a efectivizar.

Desde o Bloque Nacionalista Galego, sumámonos ás lexítimas reclamacións do colectivo trans e expresámoslle o noso apoio na súa campaña para a despatoloxización trans. Aliás, constatamos a necesidade de traballarmos a nivel social e lexislativo para eliminar o status das persoas trans como doentes e para se dotaren dunha lei LGBTI que garantir os seus dereitos e benestar. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG