Afíliate ao BNG

BNG

Afíliate ao BNG

No Bloque queremos avanzar na nosa proposta de abrir un tempo novo, tamén dentro de nós. Porque a Galiza que queremos é un proxecto compartido, un horizonte a definir entre todas e todos. Na Galiza de hoxe temos diferentes formas de vivir e sentir o que somos, e desde o BNG queremos partir do realmente existente para construír o futuro. Apostamos, por iso, por un BNG con proxecto propio, plural, inclusivo e aberto. Un BNG coa man tendida para sumar e facer país. Queremos construír este novo BNG con ilusión, contigo. Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG!

QUE É O BNG

O Bloque Nacionalista Galego BNG foi fundado en 1982, recollendo o legado histórico das Irmandades da Fala, do Partido Galeguista de Castelao e Bóveda e do nacionalismo xurdido nos anos sesenta, durante a ditadura franquista e a chamada Transición .

  • O BNG é unha ferramenta colectiva, democrática, aberta e viva, ao servizo do pobo galego. Somos unha organización política asemblearia, plural e democrática, que traballa na rúa e nas institucións en favor da construción dunha Galiza soberana, xusta, próspera e igualitaria.
  • No BNG dánse a man todas as causas xustas: os dereitos sociais e laborais, a defensa da terra, a loita feminista, os movementos LGBT, o activismo social e cultural, a defensa da lingua, a solidariedade internacionalista… O programa do BNG é un programa orientado á maioría social do noso pobo, centrado no desenvolvemento, a modernización e a conquista do benestar para o noso país.

Os teus datos persoais

Os teus datos de contacto

 

Protección de datos

En cumprimento do estabelecido na lexislación correspondente de protección de datos de carácter persoal, damos conta de que ao remitirnos este formulario, os seus datos quedarán incorporados e serán tratados nos ficheiros de BNG Así mesmo, as persoas interesadas poderán solicitar a modificación ou cancelación dos mesmos enviando un correo electrónico a [email protected] ou unha carta a BNG, AVDA. RODRÍGUEZ DE VIGURI, 16 BAIXO 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA- GALIZA.

Finalidade e lexitimación: Os seus datos serán tratados para os fins especificados no motivo de contacto e poder darlle resposta ás súas peticións ou consultas, con base legal no consentimento expreso.

Cesións: non serán cedidos a terceiros salvo obrigación legal, podendo ter acceso aos mesmos, de forma incidental, os encargados de manter a web en funcionamento.

Prazo: Os datos serán tratados durante o tempo necesario para o seu tratamento segundo as finalidades descritas, até a cancelación por parte da persoa titular dos datos ou a perda de relevancia do seu uso.

Dereitos: Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos a través deste formulario de contacto ou dirixíndose á seguinte dirección de correo electrónico: [email protected]

Para máis información consulte a nosa política de privacidade

Se estas interesada ou interesado en formar parte do BNG é imprescindíbel que solicites formalmente a afiliación. Completa o seguinte formulario para recibir información para afiliarte ao BNG.

* Campos obrigatorios.

Outras formas de participar

Tamén podes botar unha ollada a outros xeitos de participación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG